domingo, 21 de abril de 2024

EXCURSIÓN A SANTIAGO 3º ESO ABRIL 2024

 O pasado XOVES 18 de ABRIL os/as alumnos/as de 3º realizaron unha excursión a Santiago acompañados das profesoras Blanca, Lourdes e Mónica.

Comezamos o día no PARLAMENTO DE GALICIA cunha visita guiada na que percorremos as distintas dependencias coas explicacións do noso guía Hixinio

Parlamento

Máis tarde, comezamos o percorrido polo CENTRO HISTÓRICO da cidade coñecendo rúas, prazas e edificios importantes para rematar na CATEDRAL á que entramos para ver o seu interior. Despois de comer explicamos as 4 prazas que a rodean.
Praza do Obradoiro

Logo, esperábanos no Mosteiro de SAN MARTIÑO PINARIO o profesor José Luís, grazas ao cal puidemos admirar no interior da súa Igrexa os impresionantes retablos e a sillería do coro.
San Martiño Pinario

E rematamos o día no MUSEO do POBO GALEGO para coñecer o Panteón de Galegos Ilustres e o interior do antigo Convento de San Domingos co seu claustro e a impresionante escaleira de Domingo de Andrade.
Museo do Pobo Galego

Aquí deixamos un album cun pequeno resumo de fotos dun día completo no cal contamos coa colaboración do profesor que estivo no noso centro ata hai pouco, José Luís, e tamén, debo dicilo porque é xusto, dun grupo de 48 alumnos/as que se portaron de forma excelente e atentos ás explicacións.

Pincha na imaxe





domingo, 7 de abril de 2024

RUANDA: 30 ANOS DUNHA MATANZA

 En 1994 tivo lugar un xenocidio contra a poboación tutsi a mans da maioría dos hutus.

Durante 100 días tivo lugar un xenocidio contra a poboación tutsi que deixou uns 800.000 mortos cunha enorme violencia ante a indiferencia e impasibilidade da comunidade internacional.


A masacre comezou ao día seguinte do atentado que costou a vida ao presidente de etnia Hutu e tras meses dunha campaña violenta contra a poboación tutsi.


EL MUNDO: noticia



GUERRA ISRAEL-GAZA: 6 MESES

 Hoxe 7 de Abril cúmprense 6 meses dunha guerra que deixa un balance de máis de 33.000 mortos palestinos.





lunes, 18 de marzo de 2024

ELECCIÓNS EN RUSIA 2024: PUTIN ATA 2030

 Os pasados días 15, 16 e 17 de Marzo tiveron lugar as eleccións presidenciais en Rusia que gañou o actual presidente Vladimir Putin cun 87% dos votos.

Tras a morte do opositor Navalny no cárcere hai un mes e con outros 3 candidatos "a medida" que non lle farían sombra, o triunfo estaba asegurado. Son eleccións non libres criticadas por medios independentes e entidades de dereitos humanos pola súa falta de garantías democráticas: a oposición non existe xa que está no cárcere ou no exilio.


Con este resultado Putin asegura a presidencia ata 2030 e aínda podería presentarse a outro mandato que o levaría ata 2036. Pero xa no ano 2020 temos neste blog unha entrada na que se indicaba que tras reformar a Constitución, podería ter mandatos de 6 anos que o levarían ata 2036 sendo o mandatario máis lonxevo desde 2000 ata 2036?.

RUSIA: PRESIDENTE 2000-2036

Aquí temos un enlace a unha noticia de El Mundo con máis información:

ELECCIÓNS EN RUSIA 2024

E aquí un vídeo de RTVE:

domingo, 7 de enero de 2024

TRES MESES DE GUERRA EN GAZA

 Hoxe día 7 de Xaneiro cúmprense 3 meses do ataque de Hamás a Israel e dunha guerra de Israel sobre a Franxa de Gaza que está deixando un balance de cifras terrible: por agora, máis de 23.000 palestinos mortos dos que se estima uns 10.000 son nenos, 58.000 feridos, máis de 7.000 desaparecidos, o 85% da poboación de Gaza desprazada; vivendas, escolas, hospitais destruídos, e falta de alimentos, auga e combustibles, ...

A ONU leva alertando da situación infrahumana na que se atopa a Franxa de Gaza pero non consegue deter a guerra.

Aquí neste vídeo de FRANCE 24 recóllese os datos principais.

Tamén temos este video de RTVE sobre o balance destes 3 meses:


martes, 2 de enero de 2024

NOVA RUTA DA SEDA

O termo Ruta da Seda designa a unha rede de rutas que desde tempos remotos cruzaban montañas, desertos e estepas desde China ata o Mediterráneo Oriental.
Esta ruta comercial terrestre xa era utilizada entre China e o Imperio Romano.
Logo coa expansión musulmá, estes faranse co control da ruta e entrará en decadencia desde o s. VIII ata o s. XIII. 
Será neste s. XIII cando os mongois, tras invadir o Imperio Chino, chegarán ata o Cáucaso. Unha vez finalizada a conquista,  restablecen a antiga Ruta da Seda. 


Neste século destacan as viaxes da familia de comerciantes venecianos Polo, especialmente a protagonizada por Marco Polo xunto co seu pai e o seu tío desde 1271 ata 1295. 
Esta viaxe será coñecida en toda Europa a través do seu libro "Libro das Marabillas".
BIOGRAFÍAS Y VIDAS



Pero na actualidade, esta ruta volve a estar presente cun proxecto que China pon en marcha desde 2013 que comprende realizar diferentes infraestruturas en distintos países.
EL PAÍS

Un deles é a ruta que conecta por tren case 13.000 km desde Yiwu (un dos principais centros industriais de China) ata Madrid pasando por Kazajistán, Azerbaiyán, Rusia, Bielorrusia, Polonia, Alemaña, Bélxica e Francia.

EL PAÍS

Na Idade Media era sobre todo a seda e produtos como porcelana, especias, té, papel, ... os que chegaban de Oriente; hoxe chegan produtos manufacturados da industria chinesa (entre eles o 60% da decoración navideña mundial). 








miércoles, 13 de diciembre de 2023

A exposición temporal "MAESTRAS" no Museo Thyssen en Madrid presenta a moitas artistas desde o s. XVI ata o s. XX.
Faise un percorrido con case un centenar de pezas entre pinturas, esculturas, obras sobre papel e téxtiles de moitas artistas que foron silenciadas durante séculos e que hoxe están sendo recuperadas.
Algunhas delas as traballamos en clase como: Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Clara Peeters, Judith Leyster, Berthe Morisot, Mary Cassatt, Tamara de Lempicka, Maruja Mallo, ...



Aquí temos un enlace a un reportaxe de RTVE sobre a mesma para o programa INFORME SEMANAL