lunes, 10 de diciembre de 2012

SUDÁFRICA REZA POR NELSON MANDELA

Pulsa sobre a imaxe

O ex presidente de Sudáfrica e Premio Nóbel da Paz, de 94 anos, está ingresado desde o pasado sábado sometido a diversas probas.
Para máis información sobre o significado da figura de Nelson Mandela, entra no seguinte especial:
Nelson Mandela. O preso 46664



A UNIÓN EUROPEA RECIBE O PREMIO NÓBEL DA PAZ

Este luns 10 de Decembro a UE recibíu o Premio nóbel da Paz como recoñecemento a varias décadas de convivencia pacífica entre os países europeos. Con todo, non estivo exento de polémica xa que houbo proptestas contra este premio.
 Nestes enlaces podes ver máis información.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/12/union_europea/1350032560.html

domingo, 2 de diciembre de 2012

O TESOURO DE ACAHUALINCA


Fotos dos obradoiros

Este martes 27 de novembro os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron un obradoiro con dúas monitoras da ONG Solidariedade Internacional. A súa proposta é participar no proxecto chamado "O tesouro de Acahualinca". Consiste en achegarnos á realidade da poboación que vive e traballa en Managua, capital de Nicaragua, no vertedoiro de lixo máis grande de América Latina.
A nosa finalidade é coñecer a realidade a distintos niveis que traballamos na nosa materia de Xeografía de 3º e de Educación Ético-cívica en 4º. Con este obradoiro as monitoras Ana e Noa non só informaron da situación senón que fixeron reflexionar aos alumnos sobre as dificultades e as posibles solucións.

jueves, 8 de noviembre de 2012

CHARLA SOBRE FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR

Fotos da charla
Este martes 6 de Novembro os alumnos de 4º da ESO tiveron unha charla divulgativa sobre fomento do espírito emprendedor na escola. Trátase dunhas xornadas realizadas en colaboración co Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación dentro do programa de Xornadas de Fomento do Espírito Emprendedor na Escola que a Cámara de Comercio de Santiago está a desenvolver.
A charla foi impartida por Rosa Cardeso, responsable do Viveiro de Empresas. Foi proposta pola materia de Taller de Iniciativas Emprendedoras impartida aos alumnos de 4º que estiveron moi atentos e comentaron que lles resultou moi interesante de cara ao seu futuro.

domingo, 4 de noviembre de 2012

DIFERENTES TIPOS DE DISCRIMINACIÓN

Por desgraza, segue habendo situacións de discriminación por motivos de raza, etnia, relixión en moitos países.
Aquí temos dúas noticias desta semana en Francia e Rusia.
ALÁ TAMÉN FALA FRANCÉS
Os seis millóns de musulmáns franceses reivindican o seu patritismo ante o xiro xenófobo da dereita.
MILES DE NACIONALISTAS MANIFÉSTANSE EN MOSCOVA AO BERRO DE ¡RUSIA PARA OS RUSOS!

POLÍTICA EXTERIOR DE CHINA

Na última década, China convertiuse na segunda potencia económica mundial. Este auxe provoca inquietude en moitos países ao ser peza clave como interlocutor en moitos conflitos.
Neste artigo vemos cál é a posición de China ante distintas potencias do mundo.

ELECCIÓNS PRESIDENCIAIS EN ESTADOS UNIDOS 2012

Estamos a dous días de vivir unhas novas eleccións presidenciais en Estados Unidos. Aquí podes ver cáles doron eses resultados desde 1960.

500 ANOS DA CAPELA SIXTINA

 A Capela Sixtina cumpre 500 anos sendo sendo o espazo artístico máis importante da historia pero tamén afronta o reto de ser tal vez o máis ameazado polo turismo.

Nun artigo do xprnal El País vemos cáles son eses retos. Pero tamén atopamos unha interesante galería de imaxes e un gráfico que explica o seu interior.






lunes, 15 de octubre de 2012

DESASTRE DO PRESTIGE

A punto de cumprirse 10 anos este novembro da catástrofe provocada polo buque "Prestige", comez estes días o xuízo contra os presuntos culpables.
Aquí podes atopar as claves máis importantes para achegarte a esta historia e coñecer así o que sucedeu.
Preme na imaxe.

AUMENTA A EMIGRACIÓN DE ESPAÑOIS


AUMENTA NUN 21,6% OS ESPAÑOIS QUE ABANDONAN O PAÍS NO QUE VAI DE ANO.

Fai click no titular para ver vídeo
 Fóronse 420.150 persoas (54.912 españois)

XIBRALTAR

Estes días estamos estudando a Guerra de Sucesión e a Paz de Utrecht. Como consecuencia desta última, Xibraltar pasou a ser unha colonia británica ata hoxe.
Aquí temos unha noticia dun inciente frecuente nos últimos meses cos pescadores españois. Fai click sobre este titular.

Nuevos incidentes entre patrulleras de Gibraltar y pescadores españoles

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

Cada vez é máis preocupante a situación nos polos ante o cambio climático. Así, o Océano Ártico presenta a metade de xeo que tiña hai 30 anos.

Para máis información, leamos este enlace

O PLANETA TERRA FRACTÚRASE

As grandes placas tectónicas poden chocar entre elas ou fracturarse dando lugar a terremotos como o que se producíu en abril deste ano 2012 en Indonesia

Tes máis información neste enlace dunha noticia do xornal El País

viernes, 12 de octubre de 2012

PROGRAMACIÓN 2012-2013

Neste curso 2012-2013 os membros do Departamento de Xeografía e Historia damos a benvida a un novo curso a todos aqueles que vos acheguedes ata o noso blog.
Aquí tedes un enlace que vos permite ver a información básica da nosa programación didáctica que propoñemos. Trátase só dos apartados máis importantes pero o resto está a vosa disposición no centro.
Desexamos que teñades un bo curso e poder servos de axuda coas nosas aportacións.

https://docs.google.com/file/d/0B-T492NrBikNZUluaXp6R0UxYnc/edit

domingo, 10 de junio de 2012

CONFLITO ENTRE ISRAEL E PALESTINA

45 anos de conflito entre Israel e Palestina: a paz,  cada vez máis lonxe
Neste mes de xuño cúmprense 45 anos da Guerra dos 6 días  en 1967 na que Israel ocupou os territorios palestinos. Como podes ver neste enlace a colonización israelí segue sendo imparable.

RESCATE A ESPAÑA

Claves para entender o rescate ao sector bancario de España.
Aquí temos un enlace que nos leva a unha noticia do xornal 20 minutos que nos aclara isto.
Preme na imaxe.

sábado, 9 de junio de 2012

CRONOLOXÍA DA CRISE ECONÓMICA E FINANCEIRA DE ESPAÑA

Do verán do 2008 axuño de 2012: as datas clave da crise económica e financeira.
Preme na imaxe.

Informe da ONU sobre a Terra

A ONU alerta de cambios "sen precedentes" na Terra.
Preme na imaxe e poderás ler a noticia recollida en "El País" que comenta o informe da ONU sobre os cambios que se producen a diferentes niveis no medio ambiente.

lunes, 28 de mayo de 2012

VISITA A SANTIAGO DE 4º

O pasado xoves 10 de Maio os alumnos de 4º realizaron unha visita a Santiago. Comezamos cun percorrido polo casco histórico e unha visita guiada ao Parlamento. Xa pola tarde, visitamos a Catedral, as prazas e as cubertas onde disfrutamos dunhas vistas excelentes. Por último, achegámonos ao museo do Pobo Galego para ver a obra do arquitecto Domingo de Andrade e o Panteón Galegos Ilustres.



Visita Santiago 2012

domingo, 6 de mayo de 2012

ENERXÍA

APAGÓN ATÓMICO EN XAPÓN.
54 centrais nucleares paradas.
Máis información no artigo que atoparás pulsando sobre a imaxe.


DESLOCALIZACIÓN

As fábricas chinesas márchanse a África.
Man de obra máis barata.
Lede este artigo do que deixo este enlace.


jueves, 3 de mayo de 2012

domingo, 22 de abril de 2012

Proclamación da 2ª República española

Aquí temos un vídeo que nos reflicte a situación de España no momento de proclamarse a 2ª República o 14 de Abril de 1931

Aquí temos o himno da 2ª República:

 

martes, 6 de marzo de 2012

O VATICANO DESVELA SEGREDOS QUE GARDA DESDE A IDADE MEDIA

Segredos gardados desde Idade Media polas autoridades eclesiásticas acaban de ver a luz pública por decisión da Curia Papal. Consulta o seguinte enlace do xornal ELPAIS na súa edición dixital.
Tamén podes ver os seguinte video sacado da mesma páxina.

lunes, 6 de febrero de 2012

Cezanne bate o récord do cadro máis caro

A obra de Cezanne "Xogadores de cartas" acaba de batir o récord de convertirse na obra máis cara da historia sendo comprada pola familia real de Qatar. Nesta noticia podes ver o prezo alcanzado e tamén nunha fotogalería cáles son as outras obras máis caras ata hoxe.
http://cultura.elpais.com/cultura/2012/02/06/actualidad/1328525460_445107.html

viernes, 3 de febrero de 2012

Caso Odyssey

Fai uns anos un barco español afundido no s. XIX en augas andaluzas foi rescatado por unha empresa norteamericana Odyssey levándose o tesouro que contiña. O goberno español demandou a esta empresa e despois de anos resolveuse o caso nos tribunais dando á razón ao Estado español.
Isto supón un antes e un despois na captura de tesouros afundidos.
Lede máis neste enlace.
http://www.elpais.com/articulo/cultura/final/caso/Odyssey/complica/futuro/cazatesoros/elpepicul/20120202elpepicul_7/Tes

O TESOURO DA FRAGATA MERCEDES REGRESA A MADRID EN 2014

Neste enlace temos unha noticia co final feliz desta historia.


Enlace ás fotos da exposición onde se poden ver varios dos tesouros recuperados.



Rusia veta no Consello de Seguridade da ONU

Estes días intentouse aprobar unha rsolución de condena contra o réxime de Siria por reprimir con dureza á poboación Isto forma parte das revolucións que se levan producindo desde hai un ano nos páíses árabes. Nesta noticia vemos como pode vetar esa resolución un dos membros con carácter permanente.
http://internacional.elpais.com/internacional/2012/02/03/actualidad/1328253369_408022.html

A "Gioconda" no Museo del Prado

Aquí temos unha noticia onde se comenta a aparición dunha copia da "Gioconda"no Museo do Prado que pode atribuirse a un discípulo de Leonardo da Vinci.
http://cultura.elpais.com/cultura/2012/02/01/actualidad/1328129037_819926.html