jueves, 8 de noviembre de 2012

CHARLA SOBRE FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR

Fotos da charla
Este martes 6 de Novembro os alumnos de 4º da ESO tiveron unha charla divulgativa sobre fomento do espírito emprendedor na escola. Trátase dunhas xornadas realizadas en colaboración co Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación dentro do programa de Xornadas de Fomento do Espírito Emprendedor na Escola que a Cámara de Comercio de Santiago está a desenvolver.
A charla foi impartida por Rosa Cardeso, responsable do Viveiro de Empresas. Foi proposta pola materia de Taller de Iniciativas Emprendedoras impartida aos alumnos de 4º que estiveron moi atentos e comentaron que lles resultou moi interesante de cara ao seu futuro.

domingo, 4 de noviembre de 2012

DIFERENTES TIPOS DE DISCRIMINACIÓN

Por desgraza, segue habendo situacións de discriminación por motivos de raza, etnia, relixión en moitos países.
Aquí temos dúas noticias desta semana en Francia e Rusia.
ALÁ TAMÉN FALA FRANCÉS
Os seis millóns de musulmáns franceses reivindican o seu patritismo ante o xiro xenófobo da dereita.
MILES DE NACIONALISTAS MANIFÉSTANSE EN MOSCOVA AO BERRO DE ¡RUSIA PARA OS RUSOS!

POLÍTICA EXTERIOR DE CHINA

Na última década, China convertiuse na segunda potencia económica mundial. Este auxe provoca inquietude en moitos países ao ser peza clave como interlocutor en moitos conflitos.
Neste artigo vemos cál é a posición de China ante distintas potencias do mundo.

ELECCIÓNS PRESIDENCIAIS EN ESTADOS UNIDOS 2012

Estamos a dous días de vivir unhas novas eleccións presidenciais en Estados Unidos. Aquí podes ver cáles doron eses resultados desde 1960.

500 ANOS DA CAPELA SIXTINA

 A Capela Sixtina cumpre 500 anos sendo sendo o espazo artístico máis importante da historia pero tamén afronta o reto de ser tal vez o máis ameazado polo turismo.

Nun artigo do xprnal El País vemos cáles son eses retos. Pero tamén atopamos unha interesante galería de imaxes e un gráfico que explica o seu interior.