domingo, 8 de diciembre de 2013

UCRANIA ENTRE RUSIA E A UE

Nos últimos días, Ucrania está dividida entre os que queren achegarse á Ue e o goberno que prefire apoiarse en Rusia.

Rusia gana a la UE la batalla de Ucrania

Os 28 fracasan no seu intento de convencer a Kiev para reanimar o acordo de asociación.


MORTE DE NELSON MANDELA

Este xoves 5 de decembro morreu con 95 anos Nelson Mandela.

Mira neste enlace diferentes noticias sobre a repercusión da súa morte e o significado da súa figura.
http://internacional.elpais.com/tag/nelson_mandela/a/
Fotogalería de imaxes
http://internacional.elpais.com/internacional/2012/12/08/album/1354995296_071245.html#1354995296_071245_1372065616
E, por último, cál é a situación actual de Sudáfrica? cánto cambiou?
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/06/09/actualidad/1370730859_256389.html
Fíxate na entrada do 10 de decembro do 2012 onde atopamos un especial da súa vida.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

VIVEIRO DE EMPRESAS E PARLAMENTO

Este mércores 6 de novembro os alumnos de 4º visitaron en Santiago o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio. Alí foron atendidos por Rosa Cardeso que lles explicou as posibilidades que se ofrecen aos emprendedores, percorreron as instalacións e coñeceron a un empresario. Máis tarde, tiveron unha visita guiada polo Parlamento de Galicia.
VIVEIRO-PARLAMENTO

domingo, 13 de octubre de 2013

XIBRALTAR, 300 ANOS DE CONFLITO


Pola Paz de Utrecht, España perdía Xibraltar en 1713 que pasaba a ser territorio de Inglaterra. Hoxe cando se cumpren 300 anos é un conflito sen resolver. Neste verán houbo varios incidentes.
Nestes enlaces podemos ver un resuno dos incidentes que se produciron nos últimos tempos.
Gibraltar, un conflicto que se dilata en verano "El Mundo"18-8-2013
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/17/espana/1376734621.html
España se queja en la ONU y a Londres por el "inaceptable" ataque de Picardo"El País"11-10-2013
http://politica.elpais.com/politica/2013/10/10/actualidad/1381422181_959769.html

CONFLITOS CON XIBRALTAR

XIBRALTAR TIRA AO MAR BLOQUES DE FORMIGÓN


miércoles, 9 de octubre de 2013

CHARLA FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR

Este mércores 9 de Outubro tivo lugar unha charla dirixida aos alumnos de 4º co título "Xornadas sobre o Fomento do Espírito Emprendedor". Trátase dunha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago desde o seu Deparatamento de Creación de Empresas. O seu obxectivo é fomentar os valores empresariais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como unha alternativa digna e viable.
Foi impartida por Dona Rosa Cardeso e tivo moi boa acollida por parte dos nosos alumnos.

Esta charla completarase cunha visita o 6 de Novembro ao Viveiro de Empresas que a Cámara de Comercio puxo en funcionamento no ano 2006.
Con esta actividade, damos a benvida a todos a un novo curso que comeza todos os membros deste departamento: Paula Fernández, José Viaño e Mónica Vilariño.

martes, 18 de junio de 2013

DATOS DEMOGRÁFICOS DE 2012

CAE A NATALIDADE POR CUARTO ANO CONSECUTIVO

HOXE O INE PUBLICA O ÚLTIMO ESTUDO SOBRE DEMOGRAFÍA.
Aquí deixo dous enlaces a noticias de xornal que o recollen moi interesantes







EUROPA TAMÉN NECESITA FABRICAR

A UE QUERE VOLVER A MIRADA Á INDUSTRIA DESPOIS DE ANOS DE CEDER TERREO AOS PAÍSES EMERXENTES

O peso do sector da industria non deixou de reducirse en favor dos servizos e dos pa´ses emerxente ata quedar no 16% do PIB. Agora o obxectivo da UE consiste en volver colocalo no 20% no ano 2020.


COMERCIO INTERNACIONAL: UE-CHINA

Gran desafío comercial da UE  a China.
China é un recén chegado ao libre comercio. A súa entrada na Organización Mundial de Comercio (OMC), a finais de 2001,  abreulle as portas a intercambiar bens e servizos coas mesmas reglas que o resto de países asociados. Desde entón, a UE fixo de China o seu principal suministrador (ambos bloques intercambian mil millóns de euros ao día), aínda que tamén  activou medidas coercitivas cando considerou que os productos chinos se vendían por debaixo do coste (dumping) ou que recibían subsidios contrarios á libre competencia. A finais do ano pasado, a Comisión Europea mantiña en vigor 48 medidas para desincentivar as compras chinas, case a metade (o 43%) de todas as adoptadas. “China é o principal foco dos procedemientos de comercio”, admite un portavoz da Comisión.
Pincha na imaxe

domingo, 16 de junio de 2013

VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí temos un documental que recolle os últimos datos sobre a violencia de xénero en España. Trátase dun vídeo que sae no xornal "El Mundo" no seu apartado DOSSIER.
Tamén contén un enlace á páxina do Ministerio de Sanidade onde podemos ber a última estatística.
Pincha na imaxe


viernes, 17 de mayo de 2013

PACTO PARA EVITAR DESASTRES EN BANGLA DESH

Unhas 30 empresas asumen un pacto para evitar novos desastres en Bangla Desh como a catástrofe dos pasadosdías na que morreron máis de 1.100 persoas e quedaron feridas máis de 2.000.
Son  H&M, Inditex, C&A, PVH, Tchibo, Tesco, Marks & Spencer, Primark, El Corte Inglés, Mango, Carrefour, Mothercare, Loblaws, Sainsbury’s y Benetton entre outras. Os activistas que traballan para dignificar as condicións de traballo nos talleres téxtiles que empregan a uns catro millóns de bangladesíes criticaron este mércores as reticencias das grandes empresas estadounidenses a unirse a este acordo vinculante. 
O pacto inclúe o compromiso de costear as reparacións requeridas en inspeccións independentes. O pacto, centrado en medidas preventivas, pretende que “ningún traballador tema incendios, derrumbes de edificios ou outros accidentes que poden ser prevenidos cunhas medidas de seguridade e de salubridade razoables”.
Pincha na imaxe


BALANZA COMERCIAL

ESPAÑA EXPORTA MÁIS DO QUE IMPORTA POR PRIMEIRA VEZ DESDE 1971
A caída das importacións leva ao primeiro superávit comercial en décadas.
As importacións caeron un 6,9% durante os últimon 12 meses.




miércoles, 8 de mayo de 2013

VÍDEO ASASINATO DE KENNEDY




Nesta imaxe tes un 2º vídeo sobre o asasinato do presidente Kennedy dun documental que forma parte da serie "Días que marcaron el mundo" da BBC


Ademais neste enlace tes un especial sobre os "50 ANOS DA MORTE DE JFK" da serie Especiales de El Mundo. Nel temos no apartado "El asesinato" detalles e as claves que desvelan os misterios que rodean o asasinato e a investigación. ¿houbo máis de 3 disparos?¿había un segundo tirador?. Pero tamén outros dous apartados sobre "El Político" e outro "El Mito" con datos moi interesantes sobre a figura do presidente.








martes, 7 de mayo de 2013

VISITA A SANTIAGO 2013


Un ano máis os alumnos de 4º da ESO fixeron unha excursión a Santiago. Neste caso, foi o pasado xoves 2 de maio. Comezamos a visita polo Parlamento de Galicia, a continuación fixemos un percorrido polo centro histórico coas explicacións dos profesores Pepe Viaño e Mónica Vilariño. Xa pola tarde, estivemos na Catedral percorrendo o seu interior e as prazas que a rodean e subimos ás cubertas da Catedral onde disfrutamos dunhas excelentes vistas. Todo isto nun día de sol precioso e cuns alumnos estupendos.

domingo, 28 de abril de 2013

DESLOCALIZACIÓN, ¿A QUÉ PREZO? TRAXEDIA EN BANGLA DESH

Esta semana producíuse unha traxedia en Bangla Desh ao derrubarse unha fábrica téxtil onde quedaron miles de persoas atrapadas. Son centos os mortos e tamén os desaparecidos. Nese momento había uns 4.000 traballadores. O edificio non tiña as condicións mínimas de seguridade.
Reclámase ás multinacionais que se impliquen para mellorar as condicións de traballo.
Entra nestes enlaces.
243 mortos no sinisto nunha fábriica téxtil en Bangla Desh
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/25/actualidad/1366907042_936828.html
O derrube en Bangla Desh eleva a presión sobre firmas textís occidentais
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/26/actualidad/1366975651_363207.html
Galería de imaxes:

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/24/album/1366823387_942054.html#1366823387_942054_1366997921
 A TRAXEDIA DESTAPA OS "TALLERES DA MISERIA"
Pincha na imaxe

jueves, 11 de abril de 2013

A CRISE ECONÓMICA RADICALIZA Á SOCIEDADE EN CONTRA DA INMIGRACIÓN


Un estudo titulado Racismo y Xenofobia 2009 encargado polo goberno desvela como a opinión dos españois vaise endurecendo a medida que comezaba a crise económica contra os inmigrantes.
Neste enlace podemos ver a noticia que o recollía.

http://elpais.com/diario/2010/03/03/espana/1267570802_850215.html


domingo, 24 de marzo de 2013

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA CON PACHAMAMA CREW


Este venres 22 de marzo os alumnos de 3º e 4º asistiron a un concerto do grupo PACHAMAMA CREW como premio por ser o vídeo de 4º un dos gañadores do concurso que formaba parte do proxecto "O Tesouro de Acahualinca".
Alí xunto a alumnos doutros institutos como o de Cambre e Fene tamén gañadores e os mozos Yelda, Paola e Juan de Acahualinca puxemos fin a un camiño emprendido hai varios meses. A alumna de 4º, Melania Baltasar Otero subíu a recoller outro premio, xa que o premio era acudir ao concerto, bolsas de agasallos do Comercio Xusto, despois de ver o noso vídeo.
Trsas a recollida dos demais gañadores, tivo lugar o concerto co grupo que estivo na Chureca colaborando coa poboación hai dous anos e grabou con eles a canción "El tesoro".
Aquí deixo imaxes e un pouco de música.

CONCERTO DE ACAHUALINCA


ACAHUALINCA E O CPI DE VEDRA NA TVG E EN "EL CORREO GALLEGO"

O pasado mércores 20 de marzo o xornal "El Correo Gallego" recollía a visita ao noso centro dos mozos de Nicaragua.
Tamén o sábado 23 de marzo, a TVG no seu programa A Revista Fin de Semana recollía a visita e as impresións dos nosos alumnos nunha pequena reportaze.
Pincha sobre as imaxes para acceder a toda a información.

sábado, 23 de marzo de 2013

CHARLA COS MOZOS DE NICARAGUA

Este martes 19 de marzo recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan, tres mozos da Chureca no barrio de Acahualinca en Managua (Nicaragua).
Esta visita era a terceira e última fase dun proxecto chamado "O Tesouro de Acahualinca" co que nos achegamos os alumnos de 3º e 4º á realidade da vida xunto ao maior vertedoiro de lixo de América Central.
Pero esta charla permitíunos tamén comprobar os cambios e progresos que chegaron coa axuda e cooperación desde España a través de distintos organsmos públicos e ONG como Solidariedade Internacional. 
Coñecíamos moitos aspectos da Chureca pero, sen dúbida, as testemuñas destes mozos aportaron non só máis información senón tamén unha lección de superación, loita, optimismo moi importante.




miércoles, 13 de marzo de 2013

ALUMNOS DE 4º GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEOS DO "TESOURO DE ACAHUALINCA"


Os alumnos de 4º que coñeceron o proxecto "O Tesouro de Acahualinca" da ONG Solidariedade Internacional son os ganadores do concurso onde todos os centros participantes de Galicia presentaron un vídeo sobre  cómo é a sía vida cotiá. 
Este concurso de vídeos participativos forma parte dunha das fases do que levamos traballando ao longo do curso. Lembramos que xa en novembro recibiron a visita de monitoras da ONG para explicarnos o proxecto. A realidade da poboación do barrio de Acahualinca na capital de Managua (Nicaragua) onde está o vertedoiro de lixo La Chureca, un dos máis grandes de Latinoamérica supón coñecer distintos aspectos que son traballados con eles. No caso de 4º desde a materia de Educación Ético-Cívica e no caso de 3º, que tamén participan, na materia de Xeografía.
Pedíase un vídeo no que os nosos xóvenes mostrasen cómo é a súa vida cotiá aos mozos do barrio de Acahualinca. Nos vindeiros días chega a visita ao noso centro de tres mozos de Managua cos que teremos unha charla.
O premio do concurso, aínda que iso é o de menos, será o traslado gratis a un concerto o día 22 a todos os alumnos de 3º e 4º onde disfrutaremos do grupo Pachamama Crew que colabora no proxecto.
Aquí tedes o noso vídeo do cal a súa profe estivo moi orgullosa desde o primeiro día que o veu. Todo o mérito é deles que se encargaron de todo e da realizadora do mesmo a alumna, Melania Baltasar Otero, sen a cal non sería posible.








miércoles, 6 de marzo de 2013

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E MUSEO DO POBO GALEGO

O venres día 1 de marzo, o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída didáctica, que incluía unha visita á Cidade da Cultura e ao Museo do Pobo Galego.
Durante a hora e media que durou a visita á Cidade da Cultura as alumnas e alumnos puideron comprobar a grandiosidade arquitectónica da obra de Peter Eisenman, así como visitar no Museo a exposición temporal Gallaecia Pétrea que presenta un percorrido pola historia de Galicia a través de restos pétreos arquitectónicos e escultóricos.
Con posterioridade o grupo trasladouse oa Convento de San Domingos de Bonaval para a visita ao Museo do Pobo Galego. A mesma centrouse na igrexa do convento, dos séculos XIII e XIV, único exemplo que se conserva en Compostela do gótico mendicante, e onde se atopa o Panteón dos galegos ilustres. Logo tamén visitaron as salas dedicadas á vida no campo e no mar, e por suposto a tripla escaleira helicoidal e a fachada do convento, obras de Domingo de Andrade. 




OS DIRIXENTES DE CHINA PROMETEN REDUCIR AS DESIGUALDADES DENTRO DO PAÍS

Dentro duns días haberá un cambio na cúpula dirixente de China. O primeiro ministro presentou hoxe o seu último informe do estado da nación onde promete que se reducirán as grandes diferenzas sociais.
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/03/05/actualidad/1362488388_079777.html

HOLOCAUSTO

O holocausto puido ser maior do estimado: ata 42.500 "campos" e 20 millóns de vítimas según investigadores do Museo do Holocausto de Washington.
Pincha aquí para ler a noticia

60 ANIVERSARIO DA MORTE DE STALIN

Nestes días cúmprense 60 anos da morte de Stalin. ¿Cómo se vive hoxe ese aniversario?
Pincha na imaxe e podes ler unha noticia que sae nestes días.


Stalin levou a cabo unhas terribles purgas que levaron a miles de disidentes a ser eliminados. Con motivo do aniversario da súa morte, publícanse as listas de fusilamentos de Stalin grazas á labor da asociación MEMORIAL.







Aquí temos un vídeo que resume a revolución rusa.





miércoles, 27 de febrero de 2013

A UE ALERTA DO AUXE ELECTORAL DOS EXTREMISTAS

Na época de entreguerras prodúcese a aparición de partidos totalitarios de corte extremista. Isto veu acompañado dunha situación de crise económica grave desde 1929.
Nestes enlaces hai dúas noticias que nos alertan de cómo a crise económica actual está propiciando o auxe en varios países de partidos extremistas.

http://internacional.elpais.com/internacional/2012/04/23/actualidad/1335208018_448954.html

http://www.teinteresa.es/politica/nacional-populismo-llama-puertas-Europa-miedo_0_695932599.html

lunes, 18 de febrero de 2013

AS MULLERES GAÑAN CASE 6.000 EUROS MENOS AO ANO POR UN TRABALLO IGUAL

A brecha salarial entre homes e mulleres alcanza o 22,55%. A diferenza é de 5.744 € menos por un trabaalo igual que o dun home. Para recibir o mesmo salario, elas deberían traballar 82 días máis ao ano.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/18/actualidad/1361209773_829503.html
As mulleres perciben o 77,45% do salario dos homes segundo a Enquisa de Estrutura Salarial do INE.
Os efectos da brecha salarial: muller, pensionista e pobre.
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/19/economia/1334846954.html
Neste enlace vemos o caso de Galicia:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mujeres-gallegas-cobran-un-23-3-menos-hombres/idEdicion-2014-02-21/idNoticia-854258/

CHARLAS DO III PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA


O pasado xoves día 14 de febreiro tiveron lugar as charlas correspondentes á segunda xornada do III Plan Director da Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, que se organizaron no centro promovidas desde o departamento de Ciencias Sociais/Xeografía e Historia, participando na convocatoria do Ministerio do Interior en coordinación coa Conselleria de Educación. Nas mesmas o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu información e puido debater sobre o tema das Drogas e Alcol.
O pasado día 30 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada de charlas impartidas pola Garda Civil dentro deste III Plan Director da Convivencia. Naquel caso as charlas estiveron dirixidas aos curso de 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO coa temática: Acoso Escolar e Perigos de Internet.