miércoles, 27 de febrero de 2013

A UE ALERTA DO AUXE ELECTORAL DOS EXTREMISTAS

Na época de entreguerras prodúcese a aparición de partidos totalitarios de corte extremista. Isto veu acompañado dunha situación de crise económica grave desde 1929.
Nestes enlaces hai dúas noticias que nos alertan de cómo a crise económica actual está propiciando o auxe en varios países de partidos extremistas.

http://internacional.elpais.com/internacional/2012/04/23/actualidad/1335208018_448954.html

http://www.teinteresa.es/politica/nacional-populismo-llama-puertas-Europa-miedo_0_695932599.html

lunes, 18 de febrero de 2013

AS MULLERES GAÑAN CASE 6.000 EUROS MENOS AO ANO POR UN TRABALLO IGUAL

A brecha salarial entre homes e mulleres alcanza o 22,55%. A diferenza é de 5.744 € menos por un trabaalo igual que o dun home. Para recibir o mesmo salario, elas deberían traballar 82 días máis ao ano.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/18/actualidad/1361209773_829503.html
As mulleres perciben o 77,45% do salario dos homes segundo a Enquisa de Estrutura Salarial do INE.
Os efectos da brecha salarial: muller, pensionista e pobre.
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/19/economia/1334846954.html
Neste enlace vemos o caso de Galicia:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mujeres-gallegas-cobran-un-23-3-menos-hombres/idEdicion-2014-02-21/idNoticia-854258/

CHARLAS DO III PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA


O pasado xoves día 14 de febreiro tiveron lugar as charlas correspondentes á segunda xornada do III Plan Director da Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, que se organizaron no centro promovidas desde o departamento de Ciencias Sociais/Xeografía e Historia, participando na convocatoria do Ministerio do Interior en coordinación coa Conselleria de Educación. Nas mesmas o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu información e puido debater sobre o tema das Drogas e Alcol.
O pasado día 30 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada de charlas impartidas pola Garda Civil dentro deste III Plan Director da Convivencia. Naquel caso as charlas estiveron dirixidas aos curso de 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO coa temática: Acoso Escolar e Perigos de Internet.