viernes, 17 de mayo de 2013

PACTO PARA EVITAR DESASTRES EN BANGLA DESH

Unhas 30 empresas asumen un pacto para evitar novos desastres en Bangla Desh como a catástrofe dos pasadosdías na que morreron máis de 1.100 persoas e quedaron feridas máis de 2.000.
Son  H&M, Inditex, C&A, PVH, Tchibo, Tesco, Marks & Spencer, Primark, El Corte Inglés, Mango, Carrefour, Mothercare, Loblaws, Sainsbury’s y Benetton entre outras. Os activistas que traballan para dignificar as condicións de traballo nos talleres téxtiles que empregan a uns catro millóns de bangladesíes criticaron este mércores as reticencias das grandes empresas estadounidenses a unirse a este acordo vinculante. 
O pacto inclúe o compromiso de costear as reparacións requeridas en inspeccións independentes. O pacto, centrado en medidas preventivas, pretende que “ningún traballador tema incendios, derrumbes de edificios ou outros accidentes que poden ser prevenidos cunhas medidas de seguridade e de salubridade razoables”.
Pincha na imaxe


BALANZA COMERCIAL

ESPAÑA EXPORTA MÁIS DO QUE IMPORTA POR PRIMEIRA VEZ DESDE 1971
A caída das importacións leva ao primeiro superávit comercial en décadas.
As importacións caeron un 6,9% durante os últimon 12 meses.




miércoles, 8 de mayo de 2013

VÍDEO ASASINATO DE KENNEDY




Nesta imaxe tes un 2º vídeo sobre o asasinato do presidente Kennedy dun documental que forma parte da serie "Días que marcaron el mundo" da BBC


Ademais neste enlace tes un especial sobre os "50 ANOS DA MORTE DE JFK" da serie Especiales de El Mundo. Nel temos no apartado "El asesinato" detalles e as claves que desvelan os misterios que rodean o asasinato e a investigación. ¿houbo máis de 3 disparos?¿había un segundo tirador?. Pero tamén outros dous apartados sobre "El Político" e outro "El Mito" con datos moi interesantes sobre a figura do presidente.








martes, 7 de mayo de 2013

VISITA A SANTIAGO 2013


Un ano máis os alumnos de 4º da ESO fixeron unha excursión a Santiago. Neste caso, foi o pasado xoves 2 de maio. Comezamos a visita polo Parlamento de Galicia, a continuación fixemos un percorrido polo centro histórico coas explicacións dos profesores Pepe Viaño e Mónica Vilariño. Xa pola tarde, estivemos na Catedral percorrendo o seu interior e as prazas que a rodean e subimos ás cubertas da Catedral onde disfrutamos dunhas excelentes vistas. Todo isto nun día de sol precioso e cuns alumnos estupendos.