lunes, 8 de diciembre de 2014

A ARTE GÓTICA

Aquí vos deixo uns enlace a unha páxina web onde podemos ver as características da arquitectura, escultura e pintura góticas.
http://contenidos.educarex.es/sama/2010/csociales_geografia_historia/segundoeso/tema5/tema5.html

Nestes vídeos pode mos ver as novidades que representa a arquitectura gótica:



 E neste vídeo, a importancia das catedrais góticas nas cidades medievais.

domingo, 9 de noviembre de 2014

ARQUITECTURA ROMÁNICA

Aquí deixo un enlace a unha páxina onde podemos ver os pricipais rasgos da arquitectura románica:
http://contenidos.educarex.es/sama/2010/csociales_geografia_historia/segundoeso/tema3/romanico_arquitectura.html

Tamén un vídeo sobre esta arte

OS MOSTEIROS MEDIEVAIS

Os mosteiros teñen varias partes, pincha sobre a imaxe para máis información




Unha das tarefas dos monxes era a copia de manuscritos no scriptorium na biblioteca.

Pulsa sobre a imaxe e verás exemplos de varios manuscritos acompañados de miniaturas.

Así, un exemplo é o Códice Calixtino que se atopa na Catedral de Santiago

lunes, 29 de septiembre de 2014

PROGRAMACIÓN 2014-2015. INFORMACIÓN BÁSICA

Neste curso 2014-2015 que estamos comezando formamos o Departamento os profesores José Viaño e Mónica Vilariño.
Aquí deixamos un enlace á información básica da programación que propoñemos neste curso.
Desexamos aos nosos alumnos teñan un bo curso.

https://drive.google.com/file/d/0B-T492NrBikNV29wbnAzMHFkVTQ/edit?usp=sharing

lunes, 23 de junio de 2014

INVESTIMENTOS DE CHINA NO MUNDO

"CHINA SAE DE COMPRAS": con este título aparece un artigo no xornal "EL PAÍS" deste domingo 20 de xuño. Nel coméntase que nunha década multiplicou por 36 os seus investimentos no estranxeiro e xa estendeu os seus intereses por todo o mundo.


Neste enlace temos a noticia completa:

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO 2014

O pasado domingo 25 de Maio remataron as votacións nos 28 países da UE para escoller os 751 europarlamentarios para os vindeiros 5 anos.


MERCADO DO PETRÓLEO

A escalada no prezo do petróleo pola guerra iraquí renova o temor pola gran dependencia de Europa.
Aquí temos mapas e gráficos que nos explican o mercado do petróleo:


Temos máis información neste enlace:

25 ANOS DE TIANANMEN


Cúmprense 25 anos da matanza na Praza de Tiananmen en Pequín na noite do 3 ao 4 de xuño de 1989.
Hoxe o réxime chino quere forzar a amnesia e garda silencio sobre as protestas e a súa sanguenta represión.

E aquí, un breve video que lembra aqueles días



sábado, 24 de mayo de 2014

VETO DE RUSIA E CHINA NA ONU A INVESTIGAR OS CRIMES DA GUERRA SIRIA

Rusia e China exercendo o seu dereito de veto no Consello de Seguridade da ONU impediron unha resolución para que a Corte Penal Internacional investigara os crimes da guerra en Siria.
Nesta guerra civil de Siria que dura xa tres anos morreron máis de 160.000 persoas.

DEPENDENCIA DA UE DO GAS RUSO


PACTO SOBRE ENERXÍA RUSIA-CHINA

Esta semana Rusia e China asinaron un pacto sobre enerxía de gran alcance estratéxico 
que supón a venda de gas natural durante 30 anos.

Este pacto forma parte dun acordo máis amplo que abarca máis cooperación comercial, financeira e militar.

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado xoves 15 de Maio os alumnos de 4º tiveron unha charla a cargo de membros da Garda Civil. Forman parte do Plan Director de Convivencia e tivo como tema a Violencia de Xénero.



VISITA A SANTIAGO DE 4º 2014

O pasado mércores 14 de Maio os alumnos de 4º realizaron a excursión a Santiago acompañados polos profesores do Departamento Viaño e Mónica.
Realizamos un percorrido guiado polo centro histórico, a Catedral, as prazas que a rodean, e xa pola tarde as cubertas da Catedral, a igrexa de San Martiño de Pinario e o Museo do Pobo Galego para ver a arquitectura de Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres.

jueves, 8 de mayo de 2014

MATERIAIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste enlace atopamos información actualizada sobre diferentes aspectos sobre violencia de xénero a través do Ministerio de Sanidade, Servizos  Sociais e Igualdade.
http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

Neste outro enlace temos unha páxina cunha Guía de Violencia de Xénero que contén un apartado con INFORMACIÓN PARA XÓVENES E ADOLESCENTES moi interesante para previr casos de violencia de xénero a estas idades.
http://www.guiaviolenciadegenero.com/

Por último, dous documentais de RTVE do programa DOCUMENTOS TV explican a situación deste problema en España:
"O MÍA O DE NADIE"
http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-mia-nadie/317336/
"FUGITIVAS DE LA VIOLENCIA"
http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/docu-tv-fugitivas-violencia/900714/


lunes, 31 de marzo de 2014

MAPA DAS FOSAS DA GUERRA CIVIL




Franco creou uns 296 campos de concentración nos que estiveron entre 700.000 e 1 millón de persoas.


Neste enlace temos unha noticia que amplía a información e podemos atopar un mapa interactivo onde vemos os que había en cada provincia.



jueves, 6 de marzo de 2014

A CORRUPCIÓN EN ESPAÑA


Neste gráfico podemos ver a evolución dos problemas dos españois nos últimos cinco anos. O paro está en primeiro lugar como o que máis preocupa aos españois pero nos últimos dous anos dispárase a preocupación pola corrupción.
Isto recóllese tras un estudo feito polo CIS, Centro de Investigacións Sociolóxicas, sobre o estado de ánimo e a percepción dos españois sobre a situación económica e política.
Neste enlace está unha noticia que o recolle e tamén un pequeno vídeo.

lunes, 24 de febrero de 2014

BALANZA COMERCIAL EN 2013


OS 10 PAÍSES MÁIS DIFÍCILES PARA A INFANCIA

Segundo un informe de UNICEF, hai 10 países onde resulta máis difícil ser un neno.
Así describe as emerxencias humanitarias máis grandes do mundo.
Aquí neste enlace vemos cáles son os 10 casos mediante un breve resumo e cun pequeno vídeo.

CONTAMINACIÓN EN PEQUÍN

PEQUÍN REACCIONA Á CONTAMINACIÓN
Nestes días  o nivel de contaminación obriga ás autoridades a tomar medidas: entre elas, pedir a nenos e anciáns saír á rúa.
O nivel de smog é tan elevado que levou a decretar por primeira vez a alerta laranxa.


lunes, 17 de febrero de 2014

XORNADAS DA EMIGRACIÓN DE VEDRA A AMÉRICA

Nestes días os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas xornadas nas que traballamos co tema da Emigración de Vedra a América
Por un lado, os alumnos de 3º percorreron unha exposición, instalada no noso Colexio, con paneis realizada con motivo no 2010 dos 100 anos das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires. No caso de 4º xa o fixeron no curso pasado. 
Por outro lado, a historiadora Rocío Botana Iglesias impartiu unha charla para 3º o martes 11 e para 4º o xoves 13 onde explicou este tema que forma parte da súa investigación sobre a Emigración a América na comarca de Santiago. Con ela colaboraron os alumnos no mes de outubro cubrindo unhas enquisas sobre familiares emigrados a América. 
Dada a enorme importancia que este feito migratorio ten no noso concello de Vedra, cabe dicir que foron moitos os alumnos que sí os tiñan e puideron aportar enquisas. Como profesora da materia en 3º e 4º quero resaltar a súa colaboración e tamén que foi unha oportunidade para facelos investigar na súa propia historia.

VISITA DE 3º AO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado xoves 13 de febreiro os alumnos de 3º fixeron unha saída a Santiago na que en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Lingus Castelá realizaron dúas visitas.
A primeira foi á Libraría Couceiro onde tiveron unha charla sobre libros antigos. A segunda foi unha visita guiada ao Parlamento de Galicia. Neste curso 2013-2014, estes alumnos teñen esta visita en 3º motivado pola súa participación no concurso escolar convocado polo Parlamento.

lunes, 10 de febrero de 2014

CHARLAS "DROGAS E ALCOL"

O pasado mércores 5 de Febreiro os alumnos de 2º e 3º da ESO asistiron a unha charla sobre "Drogas e alcol" impartidas por membros da Garda Civil no marco do Plan Director da Convivencia no que vimos participando nos últimos anos.
Na charla de 2º estiveron acompañados pola profesora Paula e na de 3º por Mónica. Pretendemos que sirvan de complemento aos temas impartidos nas materias de Educación para a Cidadanía.
2º da ESO
2º da ESO
2º da ESO
3º da ESO
3º da ESO
3º da ESO

miércoles, 5 de febrero de 2014

2014: FOCOS DE TENSIÓN NO MUNDO


Cúmprense 100 anos da 1ª Guerra Mundial e aínda que hoxe non hai un guerra a niver internacional, sí hai moitos conflitos.
Aquí neste enlace hai un artigo que comenta ónde están hoxe os principais conflitos nos continentes.
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/12/27/actualidad/1388175980_368851.html

martes, 14 de enero de 2014

viernes, 3 de enero de 2014