lunes, 24 de febrero de 2014

BALANZA COMERCIAL EN 2013


OS 10 PAÍSES MÁIS DIFÍCILES PARA A INFANCIA

Segundo un informe de UNICEF, hai 10 países onde resulta máis difícil ser un neno.
Así describe as emerxencias humanitarias máis grandes do mundo.
Aquí neste enlace vemos cáles son os 10 casos mediante un breve resumo e cun pequeno vídeo.

CONTAMINACIÓN EN PEQUÍN

PEQUÍN REACCIONA Á CONTAMINACIÓN
Nestes días  o nivel de contaminación obriga ás autoridades a tomar medidas: entre elas, pedir a nenos e anciáns saír á rúa.
O nivel de smog é tan elevado que levou a decretar por primeira vez a alerta laranxa.


lunes, 17 de febrero de 2014

XORNADAS DA EMIGRACIÓN DE VEDRA A AMÉRICA

Nestes días os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas xornadas nas que traballamos co tema da Emigración de Vedra a América
Por un lado, os alumnos de 3º percorreron unha exposición, instalada no noso Colexio, con paneis realizada con motivo no 2010 dos 100 anos das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires. No caso de 4º xa o fixeron no curso pasado. 
Por outro lado, a historiadora Rocío Botana Iglesias impartiu unha charla para 3º o martes 11 e para 4º o xoves 13 onde explicou este tema que forma parte da súa investigación sobre a Emigración a América na comarca de Santiago. Con ela colaboraron os alumnos no mes de outubro cubrindo unhas enquisas sobre familiares emigrados a América. 
Dada a enorme importancia que este feito migratorio ten no noso concello de Vedra, cabe dicir que foron moitos os alumnos que sí os tiñan e puideron aportar enquisas. Como profesora da materia en 3º e 4º quero resaltar a súa colaboración e tamén que foi unha oportunidade para facelos investigar na súa propia historia.

VISITA DE 3º AO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado xoves 13 de febreiro os alumnos de 3º fixeron unha saída a Santiago na que en colaboración cos Departamentos de Lingua Galega e Lingus Castelá realizaron dúas visitas.
A primeira foi á Libraría Couceiro onde tiveron unha charla sobre libros antigos. A segunda foi unha visita guiada ao Parlamento de Galicia. Neste curso 2013-2014, estes alumnos teñen esta visita en 3º motivado pola súa participación no concurso escolar convocado polo Parlamento.

lunes, 10 de febrero de 2014

CHARLAS "DROGAS E ALCOL"

O pasado mércores 5 de Febreiro os alumnos de 2º e 3º da ESO asistiron a unha charla sobre "Drogas e alcol" impartidas por membros da Garda Civil no marco do Plan Director da Convivencia no que vimos participando nos últimos anos.
Na charla de 2º estiveron acompañados pola profesora Paula e na de 3º por Mónica. Pretendemos que sirvan de complemento aos temas impartidos nas materias de Educación para a Cidadanía.
2º da ESO
2º da ESO
2º da ESO
3º da ESO
3º da ESO
3º da ESO

miércoles, 5 de febrero de 2014

2014: FOCOS DE TENSIÓN NO MUNDO


Cúmprense 100 anos da 1ª Guerra Mundial e aínda que hoxe non hai un guerra a niver internacional, sí hai moitos conflitos.
Aquí neste enlace hai un artigo que comenta ónde están hoxe os principais conflitos nos continentes.
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/12/27/actualidad/1388175980_368851.html