sábado, 24 de mayo de 2014

VETO DE RUSIA E CHINA NA ONU A INVESTIGAR OS CRIMES DA GUERRA SIRIA

Rusia e China exercendo o seu dereito de veto no Consello de Seguridade da ONU impediron unha resolución para que a Corte Penal Internacional investigara os crimes da guerra en Siria.
Nesta guerra civil de Siria que dura xa tres anos morreron máis de 160.000 persoas.

DEPENDENCIA DA UE DO GAS RUSO


PACTO SOBRE ENERXÍA RUSIA-CHINA

Esta semana Rusia e China asinaron un pacto sobre enerxía de gran alcance estratéxico 
que supón a venda de gas natural durante 30 anos.

Este pacto forma parte dun acordo máis amplo que abarca máis cooperación comercial, financeira e militar.

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado xoves 15 de Maio os alumnos de 4º tiveron unha charla a cargo de membros da Garda Civil. Forman parte do Plan Director de Convivencia e tivo como tema a Violencia de Xénero.



VISITA A SANTIAGO DE 4º 2014

O pasado mércores 14 de Maio os alumnos de 4º realizaron a excursión a Santiago acompañados polos profesores do Departamento Viaño e Mónica.
Realizamos un percorrido guiado polo centro histórico, a Catedral, as prazas que a rodean, e xa pola tarde as cubertas da Catedral, a igrexa de San Martiño de Pinario e o Museo do Pobo Galego para ver a arquitectura de Domingo de Andrade e o Panteón de Galegos Ilustres.

jueves, 8 de mayo de 2014

MATERIAIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste enlace atopamos información actualizada sobre diferentes aspectos sobre violencia de xénero a través do Ministerio de Sanidade, Servizos  Sociais e Igualdade.
http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

Neste outro enlace temos unha páxina cunha Guía de Violencia de Xénero que contén un apartado con INFORMACIÓN PARA XÓVENES E ADOLESCENTES moi interesante para previr casos de violencia de xénero a estas idades.
http://www.guiaviolenciadegenero.com/

Por último, dous documentais de RTVE do programa DOCUMENTOS TV explican a situación deste problema en España:
"O MÍA O DE NADIE"
http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-mia-nadie/317336/
"FUGITIVAS DE LA VIOLENCIA"
http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/docu-tv-fugitivas-violencia/900714/