jueves, 10 de diciembre de 2015

O ROMÁNICO

Neste vídeo temos un resumo do máis destacadoda arte románica en arquitectura, escultura e pintura.
 


martes, 8 de diciembre de 2015

CONTAMINACIÓN EN CHINA. ALERTA VERMELLA


Pekín declara a primeira alerta vermella por contaminación da súa historia.
Neste enlace temos unha noticia que comenta as medidas tomadas polo goberno
http://internacional.elpais.com/internacional/2015/12/07/actualidad/1449490356_143778.html

ANTES E DESPOIS DA CONTAMINACIÓN EN CHINA
Neste enlace podemos con distintas imaxes de Pekín o antes e o despois da contaminación
http://elpais.com/elpais/2015/12/02/media/1449072106_370463.html

viernes, 4 de diciembre de 2015

EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA E DAS MIGRACIÓNS EN ESPAÑA EN 2015



Neste enlace temos máis datos nunha noticia que recolle os datos aportados polo Instituto Nacional de Estatística:
"ASÍ É A POBOACIÓN ESPAÑOLA EN SEIS TITULARES"

"A EMIGRACIÓN DE ESPAÑOIS BATE O RÉCORD DESDE O INICIO DA CRISE"

domingo, 25 de octubre de 2015

A MESTA: OVELLAS POR MADRID

Este domingo milleiros de ovellas percorren as rúas de Madrid en lembranza da trashumancia desde a Idade Media que se facía a través das CAÑADAS REAIS.

70 ANOS DA ONU


En 1945 nace a ONU, este 24 de outubro celébrase ese aniversario e moitos edificios importantes do mundo ilumináronse de azul.
Neste enlace imos a unha noticia que nos fala deste acontecemento.
Pero o titular "Aniversario amargo da ONU" indica que nestes 70 anos houbo luces e sombras.
http://internacional.elpais.com/internacional/2015/10/24/estados_unidos/1445697787_068144.html

Fotogalería: A ONU CUMPRE 70 ANOS
http://elpais.com/elpais/2015/10/23/album/1445604322_940561.html#1445604322_940561_1445605285

https://www.lasexta.com/noticias/internacional/onu-cumple-anos-lograr-principal-mision-preservar-paz_201510245729171d4beb28b947c41d33.html

jueves, 22 de octubre de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

VISITA DE 2º Á CATEDRAL DE SANTIAGO

O mércores 20 de Maio ded 2015 os alumnos de 2º acompañados polas profesoras Pilar Blanco e Mónica realizamos unha visita a Santiago.
Percorrimos as catro prazas que rodean a Catedral. A continuación, subimos ás cubertas e logo fixemos unha visita tamén guiada ao Museo da Catedral onde descubrimos as campás do s. XVIII, o claustro, a biblioteca cun facsímil do Códice Calixtino, a Sala Capitular, tapices de Rubens e Goya e paseamos pola balconada cunhas preciosas vistas cara á Praza do Obradoiro.
Por último, visitamos o interior da Catedral.





martes, 19 de mayo de 2015

O DRAMA DA INMIGRACIÓN NO MEDITERRÁNEO

Nos últimos meses, por desgrza, son constantes as noticias que falan da chegada de inmigrantes a Europa cruzando o Mediterráneo.
Aquí vemos nestes mapas as rutas que segue esta inmigración. E tamén un enlace a un gráfico interactivo do xornal El País.


Pincha neste enlace: "O desafío migratorio en Europa"





lunes, 18 de mayo de 2015

VIAXE A CATALUÑA 2015

Os alumnos de 4º da ESO fixeron a súa VIAXE de FIN de ESTUDOS a CATALUÑA entre os días 2 e 8 de Maio.


domingo, 10 de mayo de 2015

DATOS POBOACIÓN MUNDIAL

Pinchando neste mapa accedemos a unha páxina que nos proporciona datos da poboación mundial como o total por países, as densidades, esperanza de vida e tamén sobre pirámides de poboación.



lunes, 20 de abril de 2015

BARROCO


VISITA A SANTIAGO 4º 2015

CHARLA CON LIDIA SENRA

O pasado venres 10 de Abril tivemos unha charla coa europarlamentaria Lidia Senra, veciña de Vedra e nai de 3 filos alumnos do noso centro.
O tema da charla era "O sector primario en Galicia e o funcionamento da UE".
Explicounos diferentes temas relacionados coa UE e o funcionamento do Parlamento Europeo do que forma parte desde as eleccións de maio de 2014.
Tamén sobre diversas cuestións do sector primario en Galicia: agricultura ecolóxica, pesca, gandaría, ...


domingo, 22 de febrero de 2015

OS REINOS PENINSULARES NO S.XV

Aquí temos un mapa cos reinos peninsulares no s.XV. Pincha no mapa e temos un enlace que nos leva a unha presentación sobre as etapas da Reconquista e da historia de Al-Ándalus.









martes, 10 de febrero de 2015

VISITA A EXTRUGASA

O pasado xoves 29 de xaneiro os alumnos de 4º da ESO visitaron a fábrica de aluminios EXTRUGASA en Valga.
 Esta visita foi organizada en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.

lunes, 19 de enero de 2015

XORNADA EDUEMPRENDE 2º ESO

O pasado venres 16 de xaneiro os alumnos de 2º da ESO participaron no Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia chamado EDUEMPRENDE na modalidade ATRÉVETE A TER UNHA IDEA.
A xornada organizada pola Consellería de Educación e a Asociación Área Empresarial do Tambre consistía nunha reunión cun emprendedor e a continuación unha visita a unha empresa do Polígono do Tambre. Nesta caso, foi a empresa de reciclado COREGAL.


domingo, 4 de enero de 2015