miércoles, 20 de mayo de 2015

VISITA DE 2º Á CATEDRAL DE SANTIAGO

O mércores 20 de Maio ded 2015 os alumnos de 2º acompañados polas profesoras Pilar Blanco e Mónica realizamos unha visita a Santiago.
Percorrimos as catro prazas que rodean a Catedral. A continuación, subimos ás cubertas e logo fixemos unha visita tamén guiada ao Museo da Catedral onde descubrimos as campás do s. XVIII, o claustro, a biblioteca cun facsímil do Códice Calixtino, a Sala Capitular, tapices de Rubens e Goya e paseamos pola balconada cunhas preciosas vistas cara á Praza do Obradoiro.
Por último, visitamos o interior da Catedral.





martes, 19 de mayo de 2015

O DRAMA DA INMIGRACIÓN NO MEDITERRÁNEO

Nos últimos meses, por desgrza, son constantes as noticias que falan da chegada de inmigrantes a Europa cruzando o Mediterráneo.
Aquí vemos nestes mapas as rutas que segue esta inmigración. E tamén un enlace a un gráfico interactivo do xornal El País.


Pincha neste enlace: "O desafío migratorio en Europa"





lunes, 18 de mayo de 2015

VIAXE A CATALUÑA 2015

Os alumnos de 4º da ESO fixeron a súa VIAXE de FIN de ESTUDOS a CATALUÑA entre os días 2 e 8 de Maio.


domingo, 10 de mayo de 2015

DATOS POBOACIÓN MUNDIAL

Pinchando neste mapa accedemos a unha páxina que nos proporciona datos da poboación mundial como o total por países, as densidades, esperanza de vida e tamén sobre pirámides de poboación.