domingo, 28 de febrero de 2016

VISITA DE 4º A SANTIAGO. FEBREIRO 2016

Este martes 23 de Febreiro os alumnos de 4º e PDC fixeron a viaxe a Santiago acompañados das profesoras Esther e Mónica.
Fixemos pola mañán un percorrido polo centro histórico e visitamos as prazas da Catedral e o seu interior cruzando a Porta Santa.
Xa pola tarde, subimos ás cubertas da Catedral e rematamos coa visita á igrexa de San Martiño Pinario e ao Museo do Pobo Galego.




domingo, 14 de febrero de 2016

REUNIÓN DO PAPA E O PATRIARCA ORTODOXO

Tras case 1000 anos desde o Cisma de Oriente en 1054 prodúcese unha histórica reunión entre o Papa Francisco e o Patriarca da Igrexa ortodoxa rusa.
Supón a primeira reunión na historia dos líderes de ambas igrexas.


Neste enlace temos áis información deste encontro

sábado, 13 de febrero de 2016

VISITA DE 4º DA ESO A EXTRUGASA

O xoves 21 de Xaneiro de 2016 os alumnos de 4º visitaron as instalacións de EXTRUGASA. Esta saída fíxose en coordinación co Departamento de Tecnoloxía.