domingo, 29 de mayo de 2016

AMPLIACIÓN DA CANLE DE PANAMÁ


SACYR ENTREGA A NOVA CANLE DE PANAMÁ

A CANLE DE PANAMÁ: OBRA DE ENXEÑERÍA E TORMENTO FINANCEIRO





500 ANOS DA MORTE DE EL BOSCO

Neste ano 2016 cúmprense 500 anos da morte do pintor holandés "El Bosco".
Por ese motivo, o Museo do Prado organiza unha exposición onde se recollen todas as súas mellores obras.
Fai click sobre esta obra "O xardín das delicias" e irás a un enlace onde de forma interactiva podemos ver con detalle todos os elementos deste cadro e detalles sobre outras obras.


jueves, 26 de mayo de 2016

VIDA E ASASINATO DE MARTIN LUTHER KING

Aquí tes un reportaxe sobre a figura de Martin Luther King da serie Especiales de El Mundo:


Nesta imaxe  un vídeo sobre o seu asasinato da serie "Días que marcaron el mundo"


Nesta imaxe temos un vídeo da Marcha sobre Washington


jueves, 19 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN SOBRE A IMPRENTA

Os alumnos de 3º da ESO visitaron este xoves 19 de maio na Biblioteca Municipal de Vedra a exposición titulada "A HISTORIA DA IMPRENTA. DO 4.000 A.C. AO 1985". Contaron coa guía e explicación do experto na materia D. Carlos Delgado Rodríguez.
Esta mostra foi organizada polo Concello de Vedra con motivo das Letras Galegas 2016.
Durante a visita, puideron coñecer a evolución da imprenta co paso do tempo.

EXPOSICIÓN IMPRENTA VEDRA 2016

sábado, 14 de mayo de 2016

SAÍDA POR VEDRA MAIO 2016

Os alumnos de 4º fixeron unha saída polo Concello de Vedra o pasado luns 2 de maio acompañados polas profesoras Mª José, Xulia e Mónica.
Estivemos acompañados por unha guía moi especial, un antiga alumna do centro, Inés Ferradáns. Dáse a casualidade que con ela de alumna fixemos esta mesma saída no ano 2010.
Visitamos o Pazo de Ortigueira así como a igrexa disfrutando dos fermosos xardíns e do magnífico retablo da igrexa.
Logo estivemos en Ponte Ulla visitando  a súa igrexa que conserva diversas partes de distintas épocas, a Ponte de Gundián, a capela de Gundián e o mirador. Rematamos en San Mamede admirando a súa igrexa e o seu interior cunha capela maior románica e un retablo barroco.

Pincha na imaxe







martes, 3 de mayo de 2016

VIAXE A CATALUÑA 2016

Os alumnos de 4º fixeron a súa viaxe de fin de estudos a Cataluña do 18 ao 22 de Abril acompañados por Mónica e Viaño. Vimos a Barcelona modernista (Sagrada Familia, Casa Milá, Parque Güell), o Barrio Gótico, as Ramblas, Montjuic e, por suposto, o Camp Nou. Visitamos Tarragona, especialmente a Tarraco romana, anfiteatro, circo, acueduto, ... Pero, tamén se divertiron moito en Port Aventura e en Salou na praia e na piscina.