viernes, 26 de mayo de 2017

VIAXE A PARÍS 2017


Do día 1 ao 5 de Maio de 2017 os alumnos de 4º realizaron a súa Viaxe de Fin de Estudos a París acompañados polos seus profesores de Historia Mónica e Viaño.
O luns 1 realizamos unha visita panorámica en autobus polos principais lugares da cidade acompañados polo guía Pablo. Pola tarde, tras descansar no hotel visitamos o barrio dos pintores de Montmartre e o Sacré Coeur desde o que contemplamos a cidade.
O martes 2 visitamos o Palacio de Versalles e os seus impresionantes xardíns. Pola tarde, subimos á Torre Eiffel.
O mércores 3 fixemos un paseo en barco polo río Sena, visitamos as principais obras no Museo do Louvre e despois de comer a catedral de Notre Damme.
O xoves 4 disfrutamos do día en Disneyland .
O venres 5 vimos as principais obras do Museo`Orsay, paseamos pola beira do río Sena ata a Praza da Concordia onde rematou a nosa viaxe.

Foi unha viaxe moi especial na que todos disfrutamos moito e os profesores agradecemos aos nosos alumnos todo o seu apoio e colaboración.

Pnncha na imaxe

SAÍDA POR VEDRA

O mércores 19 de Abril os alumnos de 3º realizaron coas profesoras Mónica e Xulia unha visita ao Pazo de Ortigueira onde percorremos os xardíns coas explicacións da monitora Inés Feradans.
Despois visitamos as igrexas de Santa Cruz, Ponte Ulla e San Mamede onde repasamos as clases de Arte vistas en clase.
Nesta ocasión, a nosa saída foi en colaboración co proxecto VEDRA MEDRA.

Pincha na imaxe