martes, 31 de octubre de 2017

SEAT 600: 60 ANIVERSARIO


En 1957 saía da factoría SEAT de Barcelona o 27 de xuño o primeiro Seat 600 dos case 800.000 que se fabricaron ata 1973 en que se deixa de producir. 
Cun prezo de 65.000 pesetas (390 €), o seu éxito foi tal, que en 1958 a lista de espera chegaba ás 100.000 unidades, cando a produción aquel mesmo ano non superou os 12.000 vehículos.
A súa aparición tivo unha enorme repercusión na sociedade española sendo moi popular nos 60 e 70.

Neste enlace temos un artigo do xornal "La Vanguardia" con moita información interesante:
http://www.lavanguardia.com/motor/actualidad/20170627/423389143277/60-aniversario-seat-600.html

LUTERO: 500 ANOS DAS 95 TESES

O 31 de Outubro de 1517 Lutero cravaba na porta da catedral de Witenberg as súas 95 Teses.
Hoxe cúmprense 500 anos dese feito que daría lugar a Reforma protestante.

Lutero

Porta da igrexa coas 95 teses


Neste enlace a un artigo de "El País" temos as claves do que signfica a Reforma
"Lutero: las 95 tesis que revolucionaron Europa"
https://elpais.com/cultura/2017/10/31/actualidad/1509436414_540249.html

Nestes enlaces temos información de cómo afectou a Reforma protestante a Europa en distintos ámbitos ata o presente.
El Mundo: "Las tesis de Lutero que cambaron nuestro mundo"
http://www.elmundo.es/cultura/cine/2017/10/30/59f5fd77ca4741d0088b4649.html
El País: "Europa, partida en dos"
https://elpais.com/internacional/2017/07/21/actualidad/1500641435_994689.html


martes, 24 de octubre de 2017

VISITA A FERROL


Este martes 24 de Outubro os alumnos de 4º fixerron unha excursión a Ferrol con numerosas visitas.
Tiveron unha visita guiada ao Arsenal, á fragata "Álvaro de Bazán" F-101, ao Museo da Construción Naval e pola tarde percorreron o Barrio da Magdalena.
Con esta excursión coñecemos o "Ferrol da Ilustración" onde podemos ver de primeira man as pegadas dos monarcas Borbón como Carlos III. Con este rei culmina a construción dos Estaleiros reais, o Arsenal e o deseño dun nova cidade a través do Barrio da Magdalena.
Pincha na imaxe




Na fragata Álvaro de Bazán