martes, 12 de diciembre de 2017

SALVATOR MUNDI, O CADRO MÁIS CARO


O pasado 15 de novembro en Nova York foi subastado na casa especializada en subastas de arte Christie´s unha obra de Leonardo da Vinci por 450 millóns de dólares.
Trátase dunha obra excepcional xa que son apenas 20 as obras do pintor italiano conservadas e a única en mans privadas que se leva a unha subasta.
A expectación era enorme e foi adquirida por un príncipe saudí que actuou como intermediario xa que a obra finalmente será para o Museo Louvre de Abu Dabi recentemente inaugurado nos Emiratos Árabes Unidos.
Con ese importe de 450 millóns de dólares (uns 382 millóns de euros) convértese na obra máis cara da historia.
Neste enlace a unha noticia de "El País" temos un vídeo moi interesante e tamén a lista dos cadros máis caros ata agora.

Neste outro enlace a outra noticia de "El País" podemos ver un mapa coa ubicación dos cadros de Leonardo da Vinci polo mundo e máis información sobre cómo chega o cadro ata o Museo Louvre Abu Dabi.

Aquí tes varias fotos deste museo que foi inaugurado a comezos de novembro deste ano.