miércoles, 25 de abril de 2018

VISITA A LUGO

Este martes 24 de Abril os alumnos de 2º realizaron unha excursión a Lugo onde visitamos o Museo Arqueolóxico Provincial, a Catedral, o Centro de Interpretación da Muralla e paseamos por ela.
Tamén fixemos un percorrido polo centro da cidade onde descubriron restos romanos como as casas cos mosaicos, unha piscina, ...
Pincha na imaxe

martes, 17 de abril de 2018

VISITA A SANTIAGO 3º ABRIL 2018

O MARTES 10 de ABRIL tivemos a excursión a Santiago cos alumnos e alumnas de 3º como cada ano facemos para coñecer o Parlamento de Galicia, percorrer as rúas do centro histórico, visitar a Catedral e ao Museo do Pobo Galego.
Comezamos coa visita guiada ao Parlamento onde nesta oxasión asistimos a un Pleno onde fomos saudados polo Presidente e portavoces dos partidos.
Despois fixemos o percorrido polo centro histórico coñecendo rúas, prazas e lugares destacados como as prazas que rodean a Catedral, Arco de Mazarelos, ...
Xa a mediodía entramos na Catedral e pola tarde subimos ás Cubertas onde se atopan traballando nelas parcialmente o que nos permite ver a importancia da restauración e conservación.
Rematamos a tarde coa visita ao Museo do Pobo Galego onde o noso obxectivo é coñecer de cerca a arquitectura de Domingo de Andrade coa súa famosa e fermosa escaleira e tamén a visita ao Panteón de Galegos Ilustres.






Pincha para máis fotos

SAÍDA DE 2º A VILANOVA, PADRÓN E MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

O pasado MARTES 3 de ABRIL os alumnos e alumnas de 2º realizaron unha saída a San Pedro de Vilanova (Vedra), O Santiaguiño do Monte (Padrón) e ao Museo das Peregrinacións (Santiago).
Esta saída foi promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega dentro do programa Vedra medra co feitizo do Camiño
A súa elección ven determinada pola especial atención que se lle está prestando neste curso ao Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Vedra (A Ruta da Prata) dentro do programa de educación patrimonial MIRANDO POLO CAMIÑO.
Desde este departamento participamos nesta saída aportando os coñecementos históricos e artísticos que impartimos na nosa materia neste curso de 2º no que tratamos o período  da Idade Media.
As tres visitas foron moi interesantes, especialmente a do Museo das Peregrinacións e de Santiago onde profundizamos en aspectos do Camiño de Santiago, os gremios, a orixe e evolución da Catedral e da propia cidade.
Pincha na imaxe